miércoles, 18 de febrero de 2009

Tentaremos actualizar mais....

BOAS!
Aqui estamos de novo amigos e amigas do berzascountry, como se pode ver ,o nome do blog reflicte claramente a nosa personalidade ...Dito isto comezamos dicindo que os xuvenis do Cire acadaron a victoria o pasado sabado no municipal melidense fronte o Portazgo (2º clasificado) por 5-2 , os goles foron obra de Manuel e Borja Casal (4) .Cada vez estamos mais preto do ascenso...

Cambiamos de tema, neste trimestre escolar no que nos encontramos estase a disputar no IES de Melide un campionato de baloncesto 3x3 entre clases, entre os que se atopan dous equipos de profesores ( hai que machacalos) e outros dous equipos nos que participan xogadores do Cire .

Falando do pasado , esta pasada fin de semana celebrouse o All Star Game na NBA , na que participaban xogadores españois como Rudy Fernandez, Marc e Pau Gasol.
Ainda que Rudy fixo unha grande primeira ronda , non conseguiu pasar a final.


Outra cousa, esta finde estamos de Carnavais , esperemos que algun de vos nos sorprenda con algun disfraz interesante , e do que poidamos facer unha foto para colgar neste blog, asi que sede imaxinativos...


Bueno aqui tedes o video esperado por todos , xa que a anterior vez tivemos problemas tecnicos
chamamolo EN BUSCA DE LA MUERTE , queremos dar as gracias a Miky pola sua "colaboracion"

CHUCHO FUERA!


Moitas gracias por visitarnos e seguidevos pasando por aqui.


Saudos e vemonos por ai.